Miguel Veloso
Miguel Veloso | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Miguel Luís Pinto Veloso | ||
Nacemento | 11 de maio de 1986 (38 anos) | ||
Lugar de nacemento | Coímbra | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Sport Lisboa | |||
SL Benfica | |||
Sporting Clube de Portugal | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2005-2010 | Sporting Clube de Portugal | 98 | (4) |
2005-2006 | → CD Olivais e Moscavide Cedido | 28 | (7) |
2010–2012 | Genoa CFC | 49 | (2) |
2012– | FC Dynamo Kyiv | 56 | (4) |
Selección nacional | |||
2007- | Selección de fútbol de Portugal | 52 | (2) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Miguel Luís Pinto Veloso, nado en Coímbra o 11 de maio de 1986, é un futbolista portugués. Xoga de centrocampista e na actualidade[cando?] xoga polo FK Dynamo Kyiv.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas catgorías inferiores Sport Lisboa e SL Benfica, pero tiña problemas de peso o cal foi motivo de abandono. Despois do Sport Lisboa e Benfica ingresou no CAC onde xogou un ano para despois pasar ao Sporting Clube de Portugal. O club sportinguista cedeuno ao CD Olivais e Moscavide na tempada 2005/06, onde axudou ó club a subir á Liga de Honra. O seu debut foi o 9 de setembro de 2006 contra o Nacional de Madeira
O seu primeiro contrato profesional comezou na tempada 2005/06 e rematou en xaneiro de 2007, renovando por outros 6 anos. Asumiu unha posición de relevancia despois dunha excelente exhibición na vitoria 1-0 do Sporting sobre o Inter de Milán de Luís Figo na Liga de Campións.
O día 30 de xullo de 2010, o Sporting confirmou o traspaso de Miguel Veloso ao Genoa CFC, por un total de 9 millóns de euros e o traspaso de Alberto Zapater.
O 4 de xullo de 2012, o FC Dynamo Kyiv conseguiu a súa contratación, por un prezo en torno aos sete millós de euros, cun contrato de duración de catro tempadas.
Selección portuguesa de fútbol
[editar | editar a fonte]Miguel Veloso participou no Campionato da Europa de sub-21 en 2007 nos Países Baixos anotando 2 goles, o que non evitou a eliminación da selección portuguesa na fase de grupos.
O 14 de agosto de 2007, Miguel Veloso foi chamado por primeira vez pola Selección absoluta, dirixida por Luiz Felipe Scolari para xogar un encontro contra Armenia.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/51/GER-POR_Euro_2012_%2812%29.jpg/220px-GER-POR_Euro_2012_%2812%29.jpg)
Miguel Veloso foi un dos 23 convocados por Luiz Felipe Scolari para a Eurocopa de Fútbol 2008.
Marcou o seu primeiro gol coa Selección contra Malta o 14 de outubro de 2009.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Club
[editar | editar a fonte]- Olivais e Moscavide
- Segunda División Portuguesa: 2005–06
- Sporting
- Taça de Portugal: 2006–07, 2007-08
- Supertaça Cândido de Oliveira: 2007, 2008
- Dínamo de Kíiv
- Copa de Ucraína: 2013-14
Selección
[editar | editar a fonte]- Campionato Europeo Sub-17: 2003
Individual
[editar | editar a fonte]- Xogador revelación do campionato: 2006-07